Tuesday 14 de May de 2024

Esta fin de semana terá lugar en Ordes a XX Xuntanza de Bandas de Música


 

Organizado pola Asociación Cultural Amigos da Música contará coa participación da Banda de Música Cultural e Recreativa de As Pontes

Este próximo sábado, 3 de agosto, terá lugar a XX Xuntanza de Bandas de Música. Un acto organizado pola Asociación Cultural Amigos da Música en colaboración co Concello de Ordes e a Deputación da Coruña, o cal se desenvolverá na alameda de Ordes a partir das 20 horas.

Nesta ocasión a banda anfitrioa, a de Ordes, contará coa participación da Banda de Música Cultural e Recreativa de As Pontes. Ambas formacións deleitarán a todas e todos os asistentes cun amplo repertorio que inclúe muiñeiras, obras de compositores galegos interpretadas no Certame Galego de Bandas e os tradicionais pasodobres.